Lume e Espi​ñ​as

by Teima

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

about

Na honra de todos os afectados polos incendios forestais, contra as políticas de expolio da nosa natureza.

lyrics

Confuso e perdido, entre fume e suspiros
Fraquean as forzas, mais non abandonas
Non hai onde ir, que vai ser de ti?
Sen aire no peito, non podes saír

Chorar de impotencia, coa morte á espreita
Non é unha desgracia, é un negocio, unha estafa

O odio alimenta
á voz da conciencia
O lume non fende
os soños da xente

Chorar de impotencia, coa morte á espreita
Non é unha desgracia, é un negocio, unha estafa

Non ves que están queimando a nosa terra e contando os cartos?

Un manto gris cubre a terra
E eles chorando na nosa miseria

Pervive a semente
Dun pobo que sinte
As bágoas caídas
no lume e nas espiñas

Chorar de impotencia, coa morte á espreita
Non é unha desgracia, é un negocio, unha estafa

Non ves que están queimando a nosa terra e contando os cartos?

Un manto gris cubre a terra
E eles roubando na nosa miseria

credits

released March 6, 2021
Dirección e montaxe: Pablo Alvite
Fotografía: Manuel Rincón
Iluminación e foto fixa: Raúl Parga
Deseño: Antía Figueira, Adela Dios
Gravación, mestura e masterización: Estudios Mafia

license

tags

about

Teima GA, Spain

Grupo formado por catro amigos a comezos do 2018 con moitas ansias de facer barullo.

contact / help

Contact Teima

Streaming and
Download help

Report this track or account

If you like Teima, you may also like: